viva o vinillo? viva o vinilo? viva o vinil(l)o! (...) eses plásticos que levaría a unha illa deserta, elixidos a piques de pasares polo mostrador de facturación ***

MC5 - High time (2002)

Gravado por Geoffrey Haslam nos estudos Artie de Detroit (Estados Unidos), por David Baker e Ashley Howe no estudo Landsdowne de Londres (Inglaterra) e por Larry Bartlett en Pye, na mesma cidade, entre setembro e outubro de 1970. Mesturado por Geoffrey Haslam e producido por él mesmo e os MC5. Publicado por Atlantic Records en xullo de 1971 coa referencia SD 8285, reeditado por Sundazed Music en 2002 coa referencia 5094.

A banda: Rob Tyner (voz, harmónica e percusións), Fred ‘Sonic’ Smith (guitarra, voz, harmónica, teclados e percusións), Wayne Kramer (guitarra, voz e teclados), Mike Davis (baixo, voz e cordas), Dennis Thompson (batería, percusións e voz).

As xentes: Pete Kelly (teclados), Charles Moore (voz, ventos e arranxos de ventos), Joanne Hill (voz), Brenda Knight (voz), Marlene Driscoll (voz), David Oversteak (ventos), Larry Horton (ventos), Butch O’Brien (percusións), Skip Knapp (teclados), Kinki Le Pew (percusións), Wayne Derminer (percusións), Leon Henderson (ventos), Rick Ferretti (ventos), Dan Bollock (ventos), Bob Seger (percusións), Scott Morgan (percusións), Terry Trabandt (percusións), Dave Heller (percusións), Dave Morgan (percusións), Ellis Dee (percusións), William Ford (percusións). Deseño de Frederico Smithelini, Mark Schulman e os MC5 con fotografías de Francis Ing, Clyde Stringer, Betty Conn, Sigrid Smith, Chris Hovnanian, Auguste Dobat, Leni Sinclair e Stephen Fairchild, ilustracións de Rob Tyner e textos de William Ford.

Cara A:
Sister Anne (Fred Smith)
Baby won’t ya (Fred Smith)
Miss X (Wayne Kramer)
Gotta keep movin’ (Dennis Thompson)

Cara B:
Future – Now (Rob Tyner)
Poison (Wayne Kramer)
Over and over (Fred Smith)
Skunk – Sonicly speaking (Fred Smith)

Reedición exacta da tirada orixinal en formato de luxo: carpeta aberta tipo ‘gatefold’, cartón e vinilazo de gramaxe grosa. A galleta tamén reproduce a de Atlantic da época. E temos chartin’ chatín.